OBXETO DA CONVOCATORIA
É obxecto da presente convocatoria pública polo sistema de concurso- oposición, a
provisión como persoal laboral fixo temporal, regulado no artigo 9 e 28 da Lei
2/2015,de 29 de abril ,do Emprego Público de Galicia ,a seguinte praza :
-Escala :Administración xeral .
-Subescala :Auxiliar Administrativo .
-Nº de prazas :1
-Grupo :C2
-Titulación esixida: Titulo/formación de ensinanza secundaria obrigatoria ou
equivalente, ou en condicións de obtelo na data de terminación das solicitudes ,no caso
de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite
fidedignamente a súa homologación .
-Sistema de selección :Concurso –oposición .
-Funcións a desempeñar :As propias da subescala de auxiliar administrativo.
De conformidade co disposto no artigo 23 da Lei 2/2015 de 29 de abril do empregado
público de Galicia queda xustificado no expediente a necesidade deste procedemento,
debido a que resulta necesaria e inaprazable a cobertura do citado posto para garantir a
continuidade, eficacia e correcto funcionamento da Administración municipal. Tendo
en conta a baixa médica da traballadora titular do posto de auxiliar administrativo e
resultando que a ademaís outra traballadora que fai as funcións de auxiliar con atención
ao público, rexistro e demaís funcións do posto ten prevista unha intervención
quirúrxica en datas próximas cunha duración estimada de incapacidad temporal de seis
meses.
Máis información aquí:
Lista provisional e data exame aqui:


