Rematou a edición do “Lansbricae”, unha programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero subvencionado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia no marco das axudas para ás entidades locais da Comunidade Autónoma
de Galicia, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo no marco do Programa
FSE+ Galicia 2021-2027 aos Concellos de Cenlle e San Amaro.
O principal obxectivo do programa era previr a violencia de xénero e mellorar a situación
das mulleres en situación de especial vulnerabilidade, ofrecendo un espazo seguro no que
as mulleres dos nosos concellos puideron aprender, compartir experiencias, desfrutar e gañar
autoconfianza, con obradoiros de habilidades, de autocoidado, ou con sesións de
actividades deportivas, xogos en familia realizadas.
Estes obradoiros e actividades contribuíron de xeito importante na mellora da autoestima
das mulleres participantes, ademais de axudarlles a adquisición de novos coñecementos,
habilidades e ferramentas que sen dúbida contribuíron tamén a mellorar a súa situación
persoal, social e mesmo laboral.

Programa de promoción da igualdade e prevención da violenciade xénero, cofinanciada pola Unión Europea
VER DOCUMENTACIÓN AQUÍ: CARTEL DE IGUALDADE

