Biblioteca

Que é?

É un espazo público do Concello de Cenlle habilitado para a consulta de exemplares bibliográficos e conexión a Internet.

Que servizos ofrece?

  • Servizo de Consulta en Sala. Os veciños, veciñas e visitantes do Concello poden acceder a este espazo a consultar os exemplares dispoñibles dentro do horario de atención. Dentro dos exemplares dispoñibles, atópanse novelas, ensaios, anuarios, dicionarios, enciclopedias e manuais, entre outras obras. O acceso é libre e gratuito.

  • Servizo de Préstamo. Todos os veciños e veciñas que así o desexen poden solicitar o seu carné de lector para solicitar préstamo das obras dispoñibles na Biblioteca. O prazo de préstamo é de 15 días, que se pode ampliar se non hai reservas de forma presencial, telefónica ou por email. 

  • Conexión a Internet. Os veciños, veciñas e visitantes poden empregar equipo informático con conexión a Internet para facer as consultas ou xestións que precisen. Contamos con perífericos como auriculares, micro, impresoras e escáneres. 

Horario de atención

Rúa Nova, 22, 32454, Cenlle, Ourense.

De luns a venres de 09:30 a 12:30 e de 15:30 a 18:30.

Precisas axuda?

Contacta co persoal das Oficinas Municipais do Concello de Cenlle.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.