OMIX

Que é?

É o Servizo de Xuventude do Concello de Cenlle. Encárgase de organizar e promover os programas e campañas orientados á poboación xuvenil do municipio, de entre 12 e 35 anos. 

Depende da estrutura da Rede Galega de Información Xuvenil, que a súa vez subordínase da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. 

Que servizos ofrece?

  • Orientación e asesoramento. Acompañamento e resolución de dúbidas laborais, profesionais ou académicas. 

  • Trámite do Carné Xove. Todas as persoas entre 12 e 30 anos poden solicitar o carné ou renovalo nas Oficinas do OMIX, sen ter que desprazarse á cidade de Ourense.

  • Programación e xestión de actividades. Neste servizo organízanse e promociónanse actividades destinadas á xuventude do Concello, como concertos, festivais e conferencias, entre outras. 

  • Información de carácter xeral. A xuventude do Concello pode acudir ao OMIX para obter información sobre convocatorias, cursos, premios, voluntariado…

  • Documentación e préstamos. A mocidade pode acudir ao OMIX a consultar e solicitar documentación relacionada con xuventude. 

Horario de atención

Rúa Nova, 22, 32459, Cenlle, Ourense.

De luns a venres de 09:30 a 12:30 e de 15:30 a 18:00.

Precisas axuda?

Contacta co persoal das Oficinas Municipais do Concello de Cenlle.

Ligazóns de interese

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.