Saúdo da Alcaldesa

Rebeca Sotelo Fernández

Alcaldesa do Concello

Querido/a visitante,

Coa finalidade de aumentar o acercamento do noso Concello aos nosos cidadáns, tanto do municipio como os que visitan a nosa terra, creamos este novo servizo web. Así, facemos máis doada e efectiva a nosa relación, grazas á integración do Concello de Cenlle nunha nova etapa de transformación dixital.

A través deste sitio web, pretendemos chegar a calquera rincón do mundo durante as 24 horas do día, para que todas as persoas que así o desexen poidan estar ao corrente das actuacións, actos e demais actividades que se produzan dentro do noso Concello.

Todo isto implica un grande esforzo político, económico e social, centrado na mellora e ampliación das nosas infraestruturas de telecomunicacións, dende o convencemento de que este é o medio máis eficaz para conseguir un auténtico avance social.

Agardamos que este servicio axude e consiga que outros descubran a nosa marabillosa terra.

Abrir chat
Concello de Cenlle
Hola,
En qué podemos axudarche?