Contratación para o programa de «Mantemento, Limpeza e Xestión da biomasa no Concello de Cenlle»

Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por Resolución de Alcaldía de data 09/04/2025:

1.- Número e denominación das prazas: Un (1) Axente Forestal e dous (2) Peóns forestais, con cargo ao Programa provincial de cooperación ás obras e servizos para o exercicio 2025 da Deputación Provincial de Ourense para o servizo de “Mantemento, limpeza e xestión da biomasa no Concello de Cenlle”.

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal.- Xornada e duración:

    • Axente forestal (30 horas/semana) 5 meses
    • Peón forestal (40 horas/semana) 6 meses

3.- Sistema de selección: concurso de méritos.

4.- Retribucións totais (incluída prorrata de paga extra)

    • Axente forestal 1.036 €/mes
    • Peón forestal 1.381,33 €/mes

6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (publicado hoxe 14/04/2025), no rexistro do concello de Cenlle ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://cenlle.sedelectronica.gal


Cenlle, 14 de abril de 2025

A alcaldesa

Últimas novas

Precisas axuda?

Contacta co persoal das Oficinas Municipais do Concello de Cenlle.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.