¡Celebra este Samaín coas actividades do Concello de Cenlle!

O Concello de Cenlle realiza dúas actividades para celebrar o Samaín, unha festividade de orixe celta. Celebra un Samaín diferente e participa nalgunha das nosas actividades.

As nenas e os nenos poderán desfrutar de colchonetas, xogos populares, unha merenda e maxia terrorífica con José Rivera. As prazas son limitadas e a entrada só será gratuíta para as persoas empadroadas. Anótate chamando so teléfono 988 400 603 ou a través do WhatsApp no número 680 74 26 81. A celebración terá lugar na pista polideportiva do Colexio de Cenlle a partir das 17 horas o sábado 29 de Outubro.

¡Agardámoste alí!

A Noite das Tebras consiste nunha ruta andando de 5 km para grupos de entre 5 e 20 persoas cun custo de 5€/persoa. Podes anotar ó teu grupo enviando un mail a concello.cenlle@gmail.com ata o 20 de outubro, xunto co nome do grupo e dos participantes. Unha vez confirmada a praza, deberá ingresarse o importe total na conta bancaria indicada. Agardámoste o sábado 22 de Outubro as 21 horas na Capela das Areas. Consulta calquera duda e obtén máis información nos teléfonos 988 400 603 e 680 74 26 81.

¡Non te esquezas de traer unha lanterna e un chaleco reflector!

Últimas novas

Precisas axuda?

Contacta co persoal das Oficinas Municipais do Concello de Cenlle.

Abrir chat
Escanea el código
Hola ????
¿En qué podemos ayudarte?