II Concurso das Letras Galegas 2023

Xénero: Cartel publicitario promocionando a lingua galega.
Premio: Diploma acreditativo para todos os participantes e agasallo para o gañador de cada
categoría.
Aberto a: nen@s de 3 a 12 anos empadroad@s no Concello de Cenlle.
Entidade convocante: Biblioteca Municipal de Cenlle.
Data de peche: luns 15 de maio de 2023.

O próximo 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e a Biblioteca municipal de Cenlle quere participar na súa celebración.

Unha das propostas será este concurso para os cativos menores de 12 anos empadroados no concello de Cenlle.

O obxectivo é acercalos ás letras galegas fomentando a imaxinación e a creatividade e fomentar a lectura.

BASES

1ª.-DIRIXIDO A:
Nenas e nenos de ata 12 anos empadroad@s no concello de Cenlle.

2ª.-CATEGORÍAS:
* CATEGORÍA 1: nen@s de 3 a 5 anos.
* CATEGORÍA 2: nen@s de 6 a 8 años.
* CATEGORÍA 3: nen@s de 9 a 12 años.

3ª.-TEMÁTICA:
Cartel promocionando a lingua galega.

4ª.-PRAZO DE ENTREGA:
O prazo remata o luns 15 de maio ás 18:30h.

5ª.-FORMA DE PRESENTACIÓN DAS CREACIÓNS:
Cartel feito a man en formato A3.
Lingua galega.
En folla aparte indicarase nome e idade do participante.

6ª.-ENTREGA:
Na Biblioteca Municipal ou no Concello.

7ª.-PREMIOS:
Diploma acreditativo para cada participante.
Agasallo para o gañador de cada categoría.

8ª.-O XURADO:
Estará formado por tres persoas. Unha da biblioteca, outra do Ceip e outra do concello.
Cada membro puntuará con 1, 2 e 3 puntos as mellores creacións de cada categoría.

9ª.-GAÑADORES:
O fallo do concurso será publicado na web do Concello o día 18 de maio.
A entrega de premios terá lugar o día 19 na Biblioteca coa celebración do Día das Letras Galegas.
Neste acto farase entrega dos diplomas e agasallos de cada categoría e os carteis participantes serán
expostos na biblioteca.

10ª.- ACEPTACIÓN DE BASES:
A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases.

Podes descargar o documento con toda a información facendo click na seguinte ligazón:

Últimas novas

Precisas axuda?

Contacta co persoal das Oficinas Municipais do Concello de Cenlle.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.